Saturday 21 November 2009

Xerión - Metal Horde Zine #4


Os Xerión são uma banda Espanhola, mais propriamente da Galiza, formada em 2001 por Nocturno (vocais/guitarra) para expressar todo o seu amor pela sua terra natal! Com o intuito de actuar ao vivo foram adicionados vários membros ao longo dos anos que permitiu a passagem da palavra de Xerión pelos mais variados cantos da Europa! Quanto a gravações até agora vai no seguinte:


'O Espirito da Fraga' Demo´01;
'O Trono de Breógan' Demo'02;
Split com Foscor'03; Split com Cryfemal'03;
'A Harpa do Guerreiro' Demo'04;
Split com Omendark e Nakiga'05; Split com Cryfemal'05; Split com Decayed'05;
Split com Kratornas, Black Empire e Nakkiga'07; Nocturnal Misantropia, debut album em 2007; Split com Maras'07;
'Palida Morte, Negra Sombra', lançado em formato Tape em 2009 que é constituíido por 5 novas faixas mais como bónus, as 4 faixas editadas no split com Decayed.


O que se segue foi uma das entrevistas que mais prazer me deu a fazer/ler, respondida por um verdadeiro amante da arte do METAL Nocturno, cerca de Agosto/Setembro'08! É colocada no seu formato original, já que foi respondida em Galego mas que como poderão ver não difere muito da nossa lingua Portuguesa! Leiam e apoiem!


MH- Hail Nocturno, como vão as coisas com os Xerión?
X- Saúdos dende a Galiza! Antes de nada, agradecer a oportunidade de falar un pouco de Xerión para a Metal Horde. É un grande honor. As cousas están a ser moi tranquilas nestos momentos logo dun comezo de ano moi atarefado por mor da edición do primeiro álbum da horda e logo do primeiro concerto fora da península ibérica (no festival Interregnum Festival na Alemaña).


MH- Formaram-se em 2001 já tinhas tido algumas experiências antes ou Xerión foi a tua primeira experiência? O que significa o nome Xerión? Para quem não vos conhece, descreve um pouco o que têm feito nestes sete anos....
X- Anteriormente fundei e formei parte durante catro anos da primeira banda de black metal (alomenos a primeira que gravou unha demotape) da Galiza, chamada Regnvm Irae, e diso hai xa uns 11 anos... mais os meus inicios na música remóntase moito atrás, tocando en grupos ou proxectos doutros estilos musicais. Todo elo confluiu a que, hai sete anos, decidise embarcarme nun proxecto en solitario que deu lugar ao Xerión... O nome da horda procede da antigua mitoloxía galega, e ven a ser como se coñecía ao Deus do Mortos na tradición dos nosos ancestros. Durante todo este tempo, levo editado tres demos en diferentes formatos, catro splits en cd e un álbum titulado ?Nocturnal Misantropía?, ademais de ter ofrecido varios concertos ao vivo principalmente no norte da península.


MH- As mudanças de formação afectaram-vos quase sempre na secção rítmica, qual o problema? Falta de tempo ou divergências musicais? Quem te acompanha hoje em dia em Xerión?
X- Hai que ter en conta, en primeiro lugar, que Xerión naceu sendo o meu proxecto, e así seguiu sendo ate o de agora, e seguirá ate a fin dos días... Xerión é Nocturno, e Nocturno é Xerión... Mais, ante a posibilidade de poder ofrecer presentacións ao vivo, a partir do ano 2003 decidín incorporar outros membros á horda coma colaboradores, e que, de paso, puideran enriquecer en todo o posible, e segundo as miñas directrices, o son de Xerión. Así, unha primeira encarnación foi a formada por Daga nos teclados, Lovo na guitarra, Notna no baixo e eu coas voces e guitarra, axudados cunha caixa de ritmos, e con ela demos os primeiros concertos e gravamos algún material moi importante e trascendental na historia da banda. Hai algo máis de dous anos, decidín voltar á esencia inicial, e durante un bo tempo, Xerión voltou a ser unha one-man-band. Foi o período de xestación do split con Black Empire, Kratornas e Nakkiga, e a do primeiro álbum. A partires de aí voltei a contar con Daga nos teclados, e axudado por Iron nas guitarras e Aboriorth na batería (quen xa entrara na horda coa formación anterior para dar un concerto), deron forma aos actuais Xerión.


MH- Vocês usam instrumentos mais tradicionais e ligados á musica celta como gaita-de-foles, como vos surgiu essa ideia? E quem é o Rei Celta No Exílio, se se pode saber, claro....
X- Dende o xurdimento de Xerión na miña cabeza tiña clara a unión de elementos do metal extremo coma o black de principios dos ?90 con toques thrash e ambient, e outros baseados no folk galego máis tradicional. Deste xeito, non é de estranar que nalgunhas cancións teña sentido o emprego de instrumentos tradicionais e populares coma poden ser a gaita, o bouzouki, whistles, percusións... e voces limpas. O Rei Celta no Exilio é o encargado, en momentos moi puntuais e especiais, tanto en gravacións coma en concertos, de interpretar as melodías de Xerión coa gaita, polo que forma parte da horda anque non esté sempre... mais sempre está aí, esperando, atento, a chamada...


MH- Além de um já longo currículo que inclui três demos e alguns splits, só em 2007 chegaram ao vosso primeiro longa duração, ‘Nocturnal Misantropia’, que foi lançado pela editora Tour De Garde. O álbum saiu só em tape ou também houve lançamento em Cd/Lp? E o porquê da edição por essa mesma editora? Como viste todo o trabalho efectuado por eles, ficaram satisfeitos?
X- No ano 2006 ‘Nocturnal Misantropía’ foi xestado e plasmado nos Estudos de Gravación Mafia Records, e editado primeiramente por Tour de Garde en tape limitada a 666 copias no 2007, e mais recentemente, en CD cun vídeo-clip de bonus do tema título pola discográfica alemana Schwarzdorn Productions. A edición por Tour de Garde xurdiu, en primeiro lugar, por ser a primeira e, no seu momento, a única en amosar interese en ser editado o susodito traballo en cinta (o primeiro formato que busquei para a edición do ‘Nocturnal Misantropía’), e en segundo lugar porque é unha discográfica á que respecto e admiro polo seu gran e bo traballo no underground extremo mundial. É un honor que Xerión vira o seu primeiro longa duración editado en cinta por eles. E do mesmo xeito podería falar de Schwarzdorn, primeiro selo en amosar interese en editar ‘Nocturnal Misantropía’ en CD, e cos que é moi sinxelo e cómodo traballar. Estareilles a ambos eternamente agradecidos.


MH- Vocês têm cerca de sete splits com bandas como Decayed, Cryfemal ou Nakkiga, o que achas desse tipo de lançamento? E colocas algum tipo de ‘regra’ ou aceitas todos os convites que recebes?
X- A única regra que teño para a edición dun split é a de existir algunha razón de tipo musical ou sentimental pola que mereza a pena para min dito compartido. En tódolos casos son un grande admirador da música e concepto de cada horda coas que Xerión ten feito splits, e na gran maioría, úneme ademais un grande respecto e amizade con algúns dos membros que as forman. Incluso no caso de Decayed, trátase dun sono feito realidade, xa que dende sempre admirei e seguín a esa gran banda do culto negro. Un grande saúdo a todos eles: Foscor, Cryfemal, Nakkiga, Omendark, Black Empire, Kratornas, Maras e os susoditos Decayed.


MH- No vosso último lançamento ‘Na Búsqueda Do Primixénio’ fazem uma cover de ‘There Where Will Have To Rise’ dos madrilenos Primigenium. O que vos levou a fazer essa cover e que significado tem para ti essa banda especifica?
X- Fixemos esa versión xa que, ademais de ser unha grande canción dentro dun gran álbum, trátase dunha das primeiras e máis importantes bandas da escena black metal do estado español, e creimos máis que conveniente o versionealos. E sempre, por suposto, cun grande respecto, admiración e humildade. Ademais, era ideal a súa inclusión na edición que conmemoraba os 6 anos de existencia de Xerión.


MH- Esse lançamento foi primeiro editado como um split com os macedónios Maras e depois reeditado como tape com bónus de duas faixas ao vivo pela H.W.P. como é que se deu essa oportunidade e o porquê de reeditarem esse lançamento? O split foi pouco divulgado e por isso acharam melhor voltar a editá-lo?
X- Coñezo ao Cultus Profanus da HWP dende que tiven a sorte de que Xerión compartise escenario coa súa anterior banda Inner Helvete no Extreme Metal Attack de hai xa uns anos, e dende sempre me gustou a súa forma de traballar co seu selo. E sei de boa fe que é un seguidor de Xerión dende que nos viu naquela ocasión. Así que era cuestión de tempo o que tarde ou cedo a HWP nos editara algún material. Cando se enterou de que estabamos a traballar no 6º aniversario da horda, amosouse rapidamente interesado, e o acordo chegou ao momento. Pola outra banda, Terror Blast de Macedonia, coa que tamén levo moito tempo de contacto, ofrecéranos a posibilidade de editar ese material nun split con Maras xa que tamén estaba moi interesado. E que mellor que conmemorar esos 6 anos de existencia con dous selos ug honestos e comprometidos e aos que ademais considero case coma irmáns de batalla...


MH- Sentes que Black/Folk Metal é uma boa definição para o vosso som ou não abrange tudo aquilo que vocês criam com a vossa música?
X- Bueno, é só unha definición que, para facilitar aos potenciais ointes, se ten empregado por parte dalgúns medios afíns a Xerión... Non está mal, pero síntome máis cómodo co de METAL GALAICO EXTREMO, máis acorde con todo o que este proxecto implica...


MH- As vossas letras têm a particularidade de serem em Galego, sempre foi uma ideia vossa a de escrever na vossa língua materna? E de que tratam as mesmas? Tradições locais, fábulas ou o quê? Qual o significado de ‘Na Búsqueda Do Primixénio’?
X- Dende o principio a lingua de Xerión foi o galego por dous motivos: en primeiro lugar trátase da miña lingua nai, e polo tanto éme máis sinxelo poder transmitir con todos os matices e peculiaridades o que en cada momento sinto no meu interior para ser plasmado no concepto lírico. E en segundo lugar para rendir un humilde e sinceiro tributo a unha lingua e unha cultura que, por mor da ignorancia e pobreza de espírito dalgúns que non merecen sequera ser nomeados, está en retroceso ante a modernidade globalizadora... Así, nos textos de Xerión podes atopar o grande e ancestral universo que rodea á Galiza (natureza, mitoloxía, historia, noite, maxia...) visto pola miña persoa en momentos de profunda reflexión e catarse mística, e sempre baixo os agoiros da Negra Sombra... ‘Na búsqueda do Primixenio’ é o voltar ao máis profundo do meu ser, ao meu Eu máis esencial e primitivo, dun xeito sinxelo e descarnado... unha volta ás raíces da miña existencia...


MH- Concertos ao vivo, são frequentes ou nem por isso? Penso que a vossa estreia em Portugal foi no concerto em Junho, de onde retiraram as duas faixas para a tape, como é que viste esse dia e como foi tocar para os Metalheads portugueses? Pensam voltar cá num futuro próximo?
X- Debido ás particularidades da banda, non nos é posible o ofrecer moitos concertos ao ano, anque tampouco é que haxa un grande interese polos que forman a chamada escea en ver a Xerión ao vivo, polo que a balanza entre unhas e outras posibilidades está en equilibrio. E non, o primeiro concerto que deu Xerión en Portugal foi en Covilhà no IV Extreme Metal Attack cos mencionados Inner Helvete, Witchburner, Infernüs..., e o segundo o que ti mencionas o pasado xuño de 2007 no Birras Bar tamén de Covilhà con Inferivm e Nihilvm. E por suposto que teño que dicir que son dúas das mellores experiencias de Xerión en directo, xa que tanto os organizadores coma o público nos tratou cun grande respecto e profesionalidade, e en todo momento amosaron o seu incondicional apoio a Xerión antes, durante e despois dos concertos. Encantaríame poder tocar de novo nesas terras...

MH- A cena na Galiza penso que é bastante forte, pelo menos a nível de bandas, lembro-me de Balmog, Dantalion, Dark Embrace ou a vossa entre outras, e no resto: concertos, zines, rádio-shows como está a cena por aí?
X- Non creo que se poida falar dunha gran escena na Galiza con todas as acepcións que dita palabra implica, alo menos no meu humilde parecer. E no caso de que a houbera para algunha xente, máis que probablemente nin Xerión nin eu mesmo nos sentiriamos parte dela. Anque ben é certo que hai algunhas persoas que a través da súas bandas, zines e selos están a facer un honesto e serio traballo, e que merecen todo o meu respecto e apoio.


MH- Sendo que o vosso som mostra o vosso amor pela vossa região, como é a relação com o resto de Espanha? Existem maiores laços com as outras regiões que mantém os seus costumes e que desejam o auto domínio, tipo País Basco ou a Catalunha?
X- Non creo que teñamos mellor ou peor relación con outras zonas da España só polo feito de seren zonas que desexen ou non o autodominio para co estado español, xa que só me centro na miña relación en particular con persoas da escena ás que admiro e respecto, e das que sei tamén que o sentimento é recíproco, sexan de Madrid, Barcelona, Amurrio, Extremadura ou Alacante...


MH- És também o dono da Nigra Mors Recs, que lançou as primeiras demos de Xerión entre outras coisas. Qual foi o teu objectivo aquando da criação da mesma? O colmatar da falha de não haver nenhuma editora na Galiza de som mais pesado? Começou por ser uma editora mais ligada à banda e que depois evoluiu para outros lançamentos ou sempre tiveste em ideia lançar outras bandas no teu selo?
X- Nigra Mors foi creado pola miña compañeira Daga e máis eu coa intención de apoiar dun xeito desinteresado e honesto, con todo o traballo que lle poidamos adicar, a aquelas bandas e proxectos que baixo o noso parecer o merecen, sexan do estilo que sexan, e veñan de onde veñan. Todo elo mediante edicións limitadas en cinta e cdr (ate o de agora só un CD viu a luz baixo os nosos auspicios) que tentándoas mover do mellor xeito posible a través do intercambio e dun pequeno catálogo de distribución (http://nigramors.blogaliza.org/). Loxicamente, unha vez asentada a ideia principal do selo, aproveiteino para editar traballos de Xerión, xa que creo que é a mellor forma de iniciar o tortuoso camiñar dunha banda, dende abaixo e pouco a pouco, e por suposto, mediante a autoedición.


MH- Que últimos lançamentos editaste com a Nigra Mors? E haverá novidades para um futuro próximo?
X- As últimas edicións do selo veñen de ser o primeiro álbum en cinta limitada a 166 copias dunha xenial banda de black metal galega chamada Aboriorth; un split cdr entre Riddle Of Meander de Grecia e Skaur de Noruega; unha demo en cinta da brutal banda salvadoreña Grave Throne; o segundo traballo dos madrileños Dhaubgurz en cdr e tape, e por suposto, a brillante alianza entre Black Empire de México, Kratornas de Filipinas, Nakkiga de Euskadi e Xerión no 4-way-split tape ’Four Concentric Ways of the Ancient Kult’. Hai algunha edición máis en camiño... pero aínda é cedo para desvelar máis datos... o Destiño agarda, impasible...


MH- Sendo que não me pareceu ler nas vossa letras quaisquer ideias políticas, qual a tua opinião sobre bandas que usam a música para passarem esse tipo de ideias? Concordas ou achas que a música deverá manter-se fora desse campo?
X- Respecto profundamente todo o que cada quen decida falar e tratar nas súas líricas e concepto de cada banda... Pero nunca me gustaron, e polo tanto en Xerión nunca, como ben dis, as atoparás, as referencias políticas, de ningún signo e clase, no arte, e, polo tanto, en algo tan sublime e infinito, que tanto significa para min, como é a MÚSICA.


MH- Em Portugal fala-se muito na perda das tradições e de alguns costumes por parte das novas gerações, havendo cada vez mais um american life style. E na Galiza? Vês a juventude a tentar manter o que foi construído pelos seus antepassados e a respeitá-los ou também existe uma cada vez maior perda de identidade cultural?
X- Coma dixen anteriormente, as tradicións e cultura galegas, ademais da lingua e da identidade de pobo, estanse a perder dun xeito probablemente irremediable... pero todo isto é consecuencia da actual globalización que a todos, tarde ou cedo, chega, e no caso da Galiza ademais, por mor de todas as políticas centralistas que dende hai séculos (só hai que repasar a nosa historia) nos veñen asolando. Hai algúns intentos de recuperación, ou mantemento, xeneralmente vencellados a un ou outro movemento político (e aí é onde vexo eu o erro, xa que o ser galego, así coma as tradicións, cultura, lingua... está por encima de todo iso) ou, o que é peor, a algunha tentativa económica que ve no ‘tipicamente galego’ un xeito de enriquecerse (sexa gastronómico, musical ou o que sexa...) anque non se sinta en absoluto o que se está a facer. Quero pensar que algúns de esos intentos se alonxen do que veño de dicir, e que nas novas xeracións xurdan outros con sinceiras e renovadas intencións de recuperar e manter o que temos, dun xeito respectuoso co alleo, pero ao mesmo tempo orgulloso e decidido, xa que non somos nin máis nin menos que os demais.


MH- Ainda costumas ler fanzines? E qual a tua opinião acerca desse tipo de publicações??
X- Creo que os fanzines son unha parte fundamental do underground, xa que sen eles non teriamos o acceso a outras bandas, publicacións... e contactos en xeral dun xeito tan sinxelo. Polo tanto, creo que é obvio que intento conseguir todos os fanzines que podo para a súa lectura e disfrute, así como para, a través deles, estar informado do que se coce no underground.


MH- Esta é uma questão que eu coloco a todas as bandas que entrevisto, qual a tua opinião em relação aos downloads ilegais. Pensas que poderá haver uma visão positiva sobre este factor que muito pesa na indústria musical?
X- No mundo do metal extremo, que penso debería manter a etiqueta de underground, non debería de afectar ese tema das descargas ilegais, xa que se alguén se considera verdadeiro seguidor deste movemento, debería acceder ás publicacións e edicións orixinais de cada banda contactando con ela ou co selo que as edite, pois é a verdadeira forma de apoialas e animalas a seguir no difícil sendeiro que iniciaron. E logo está, por suposto, o da calidade de son do material que se descarga (mp3 e demais extensións musicais que comprimen o son real), que está moi, pero que moi por debaixo do mínimo de calidade que os oídos dun verdadeiro afeccionado á música deberían de esixir.


MH- Que futuro nos reserva os Xerión?
X- De momento estamos a preparar os concertos que este outono faremos pola Galiza e o norte da España. Tamén estou a traballar en novos temas para algunha futura gravación... pero coma sempre, o Futuro é incerto...


MH- Bem Nocturno, muito obrigado pelo tempo despendido, foi um prazer ter-te na Metal Horde, hora para as blasfémias finais a deixar aos leitores...
X- Eternas grazas a ti por esta grande entrevista e todo o teu interese e apoio na horda. Lamento o retraso en contestala, mais as últimas datas veñen de ser moi complicadas para a miña persona...

No comments:

Post a Comment